p. 1
vii premio leixaprÉn rianxo 25 de maio de 2006 organiza ies félix muriel colaboran x unta de galicia muebles informatica electrodomesticos ferreteria cocinas su comercio en rianxo presidencia da xunta de galicia secretaría xeral de política lingüística o cesar más barato nadie librerÍa cÁndido rúa do medio,1 e-mail:andaina@teleline.es tel 981 843 693 981 860 088 fax 981 843 693 rianxo 15920 a coruña concello de rianxo alameda 16 rianxo 981 860 021 ® coordinadora leixaprén de equipos de normalización lingüística ies félix muriel rianxo
[close]
p. 2
dirección sara carou figueira 4º eso c marta figueira rial 4º eso a valentina formoso gosende coordinadora enl equipo de redacción alumnas jéssica cousiño bustelo 3º b mª del carmen filgueira iglesias 3º d raquel gómez romero 4º a sonia carou gómez 4º b fátima gonzález rial 4º b mª -eugenia bolaño amigo 4º c alba comojo ordóñez 4º c sabela galbán rodríguez 4º c maría varela 4º c belinda castro bustelo 4ºd profesoras paz plaza sixto maría c rodríguez varela colaboracións mª pilar tubío dieste 4º eso pdc ricardo gonzález queiruga 2º bach maría gonzález gonzález dpto de francés carmen vales dpto de ciencias da natureza antón nieto dpto de filosofía pilar quintáns dpto de lingua española antonio calvo dpto de lingua galega emilio losada dpto de educación física agustÍn fernÁndez paz escritor debuxante uxía bolaño maquetación rodolfo piñeiro nos 2-7 paratodos 8-18 índice por seccións saber máis 19-31 máis anacos 32-43 opinamos 44-47 banda deseñada 48-49 mais mellores 50-51 retratos 52-60 música 61-62 leixapren 63-68
[close]
p. 3
de anacos 12 xa imos polos 12 anacos de vida do ies impresos en papel e xa levamos catro mantendo unhas seccións fixas nós para-todos saber máis máis anacos opinamos banda deseñada os máis mellores e retratos dependendo do ano aparece ou falta algunha sección e frecuentemente moitas delas varían o seu peso no conxunto da revista duns anos a outros se recordades os que sodes lectores asíduos en os máis mellores incluíanse aqueles traballos que gañaban concursos dado que este curso a dirección xeral de política lingüística non convocou o concurso entre nós en galego o enl tampouco se centrou neste ámbito dado que dedicamos moitos esforzos a organizar os actos da entrega do premio leixaprén daquela a devandita sección quedou minguada e xurdiu unha nova leixaprén onde se recolle polo miúdo a entrega do premio celebrada no noso ies este ano medrou saber máis que recolle traballos de investigación realizados polo alumnado na maioría dos casos con axuda do profesorado e tamén este ano houbo moita colaboración das rapazas e rapaces do ies achegando a súa creación literaria que vai a máis anacos nesta sección este ano conseguimos unha colaboración externa a dalguén moi especial para nós agustín fernández paz xa un escritor clásico da literatura xuvenil moitas promocións de adolescentes do noso ies e de toda galicia desde hai varios anos leron nalgún curso da secundaria as súas cartas de inverno o laboratorio do doutor nogueira aire negro tres pasos polo misterio este autor tivo a amabilidade de responder ós nosos pedimentos enviándonos o conto que podedes ler dentro e mais respondendo ás dúbidas que lle presentamos sobre o seu libro máis famoso cando menos no noso centro cartas de inverno nesta mesma sección recollemos mostras doutro autor por agora sen tanta sona coma o anterior aínda que si coñecido no noso centro trátase de gonzalo campaña resúa quen nos entregou os seus versos desde o número 8 de anacos se gardastes as 4 revistas anteriores comprobaredes a súa evolución poética animámolo desde o enl a que siga escribindo e esperamos que se acorde de nós cando sexa famoso este ano dedicamos bastantes esforzos a que a revista fose variada e que participase o máximo número de xente posible nela para iso pedímoslle a un par de ex-alumnas que nos achegaron as súas impresións sobre a vida universitaria podédelas ler en opinamos presentámosvos tamén entrevistas variadas no apartado retratos que van desde xente moi próxima a nós no espazo profesor forján ós músicos frieiro e prudencio romo ó piragüista rianxeiro da selección española miguel rodríguez galbán e ó poeta miro villar a este último temos que agradecerlle moi especialmente que dada a imposibilidade de citarnos con el se esforzase en contestar o cuestionario en tempo récord e por correo electrónico xa para rematar dirémosvos que se queredes facer un percorrido polas saídas do alumnado do centro ides a para-todos sección onde se integra tamén a información sobre as actividades desenvoltas na semana contra a violencia que se levou a cabo no centro a principios de abril só queda sinalar que a revista comeza con nós os que fixemos a revista que ademais durante o curso fixemos algunha cousiña máis dalgunhas delas non de todas damos conta nese apartado moitos anacos do curso e do noso interior quedan investidos neste traballo Ós participantes serviranos de recordo e ós que simplemente a lean desexámoslles que pasen un anaco agradable 1
[close]
p. 4
ies fÉlix muriel bio am c ter in ies melide este ano por segunda vez como nos gustou moito o ano pasado volvemos repetir o intercambio pero esta vez co ies de melide.a primeira toma de contacto foi por teléfono para saber se aceptaban a nosa visita despois da sua aprobación mandámoslle un fax coas actividades previstas estaba previsto que antes viñeran eles aquí e decidiuse que fora o día 13 de febreiro e nós iríamos aló o día 20 estivemos preparando todo durante moito tempo repartindo o traballo e os textos que íamos ler nos lugares destinados ademáis pensouse que algúns dos membros do enl tocaran algunhas pezas como a rianxeira varias gaiteiradas etc todo estaba listo para recibilos xa era o día 13 e chegaron ás 10:30 aproximadamente recibímolos na entrada facendo cadeas para que non se mesturasen cos compañeiros do noso i.e.s logo subimos ao salón de actos onde sabela alba uxía e maría os recibiron tocando un anaco da rianxeira a continuación repartímoslle os folletos onde ían contidos os textos e as actividades previstas despois visitaron as instalacións do noso i.e.s e algúns dos membros do equipo preparáronse para darlle algúns aperitivos e baixamos andando para a vila visitamos rianxo e depaso fomos parando nas casas dalgúns dos nosos autores estivemos alí ata as 12:15 por último subimos ó autobús e partimos cara os castros neixón,onde tamén comemos tivemos ata as 15:00 para comer e antes de marchar alba e maría cantaron lela e tamén fátima e raquel fixeron unha pequena actuación tocando unha gaiteirada na cal unha rapaza de melide participou tocando a pandeireta.tamen fixemos aquí unha foto todos xuntos cando acabamos marchamos en autobús cara o pico muralla araño onde sonia e marta leron uns textos de castelao e tamen tocamos e cantamos a continuación fomos cara o hórreo do araño onde mari carmen explicou a orixe do hórreo por último acabamos o percorrido na praza da manuel antonio kelly e marta bailaron o ai lola e todos xuntos recitamos o poema adeus para despedilos saíu todo moi ben e tamén disfrutamos moito neste día 2
[close]
p. 5
ies melide io o día vinte fomos a melide e chegamos aló ás mb ca 10:30 recibiunos o grupo do enl do i.e.s de melide te r n ensináronnos as instalacións do i.e.s primeiro leváronnos i á biblioteca onde nos entregaron uns agasallos un lapis e ies fÉlix muriel local da radio melide dentro do ies taller do ciclo formativo de madeira taller do ciclo formativo de madeira o rótulo da conserxería sexa benvido saiba que aquí o atenderemos en galego un marcapáxinas e nos explicaron o porqué do símbolo do seu centro que é un elefante alí tocaron unha peza moi interesante e ó saír déronnos melindres e ricos ricos pero moi duros que son típicos de alí e empezamos a facer amigos Ás 11 máis ou menos collemos o autobús e dirixímonos a ver unhas mámoas que tiñan por nome o bocelo había neve e ía moitísimo frío.cando nos dirixiamos ó bocelo unha rapaza do enl que non queremos nomear caeu e como se puxo despois desde percorrido fomos facer unha ruta do camiño de santiago entre o leboreiro e santa maría na que visitamos tamén a igrexa de santa maría chovía como nós fomos precavidas levamos uns chuvasqueiros que nos abrigaban bastante Ó rematar volvemos ó instituto para xantar nas instalacións do polideportivo que era moi bonito e cheo de grafittis Ás 4 visitamos o museo terra de melide seguía chovendo kelly e marta pediron prestado un paraugas ós compañeiros que ó pouco rompeu o museo tiña catro pisos alí vimos cousas típicas de melide nada máis saír de alí déronnos uns papeis con preguntas para facer un xogo de pistas polo casco histórico da vila.despois de mollarnos e perdernos demos chegado ó instituto que era o destino final as gañadoras foron sonia marta sara jéssica kelly e mªcarmen o premio foron unhas camisetas moi chulas do enl melide volvemos á biblioteca onde nos tocaron pezas como adeus co corazón entre outras sacamos as últimas fotos despedímonos e subimos ó autobús e dende alí dixémoslle adeus ós de melide volta á casa paramos nunha área de servizo e por culpa de sara case quedaron kelly e marta en terra aparte diso estivemos cantando e chegamos todos moi cansos bely e kelly na biblioteca falando para a radio as gañadoras do concurso museo de melide igrexa de santa maría nevou no monte bocelo 3
[close]
p. 6
semana das letras galegas conferencia sobre o autor das letras 15 de maio este ano informounos sobre o autor homenaxeado xabier campos gran especialista no autor debido ó seu currículo en relación á obra de lugrís como ademais é profesor de ensino secundario adaptouse perfectamente ó nivel do alumnado nas dúas charlas que deu unha para alumnado do primeiro ciclo e outra para o do segundo ciclo contacontos solidarios 18 de maio anxo moure veu o día 18 de maio toda a mañá ó ies e contoulles en sesións de 50 minutos contos solidarios a todo o alumnado de 1º 2º e 3º da eso ensinounos a crear un atrapacontos que colgado das nosas fiestras atraerá a maxia das palabras ilusión árbore xustiza e sobre todo paz espectáculo sobre a figura homenaxeada 19 de maio de novo este ano o noiés serafín marcos actor e profesor de música fixo un percorrido pola vida e a obra de manuel lugrís freire divertindo moito ós espectadores 4º eso e 2º bach participaron do espectáculo activamente charla de xabier campos presentado por sara carou e cristina moares actuación de serafín marcos charla de carlos callón o presidente da mesa pola normalización lingüística carlos callón achegouse ó noso centro o día 19 de maio para falar sobre a situación actual da nosa lingua presentou varias cuestións para a reflexión os usos da lingua os prexuízos o estado da 4 normalización da lingua.
[close]
p. 7
o galego na rede cursos de galego na rede é-galego para adultos non falantes de galego e galingua podedes acceder a eles desde a páxina da dirección xeral de política lingüística www.edu.xunta.es/dxpl/ferramentas/ferramentas.htm dúas páxinas de referencia http www.vieiros.com conta cun xornal actualizado a diario e un buscador naceu en 1996 e concibiuse nun primeiro momento coma un índice de recursos de interese para galicia inspirándose nos proxectos que se estaban a desenvolver nos estados unidos só uns meses antes nacera o yahoo www.galego.org É un espazo da rede no que se promociona e se informa sobre a nosa lingua poderás visita-la historia e a situación do galego comprobar como se din algunhas das nosas palabras noutros idiomas ou explorar outros puntos de interese sobre o tema palabras e oracións se necesitas palabras ou textos en galego podes recorrer ó corpus de referencia do galego actual corga colección de textos de diversa procedencia considerados representativos do uso lingüístico do galego actual e almacenados en formato electrónico conta con 17,5 millóns de formas http corpus.cirp.es/corga/info.html literatura se buscas textos de autores clásicos e actuais da nosa literatura podes atopalas na biblioteca virtual galega da universidade da coruña http bvg.udc.es tradutor a universidade de vigo ten un tradutor castelán-galego www.sli.uvigo.es/tradutor 5
[close]
p. 8
participamos no correlingua 2006 o día 10 de maio un autobús saíu do ies félix muriel en dirección a santiago nel iamos 50 alumnos e alumnas dispostos a participar na carreira que se organiza tódolos anos en santiago a favor da lingua galega iamos os membros do equipo de normalización lingüística e mais a xente que se anotou de diferentes grupos de 3º e 4º da eso e 1º bach o lema deste ano era xogas en galego gañamos o percorrido que se fixo foi desde a praza de quintana ata a praza do obradoiro e o circuito era bastante longo todos participamos cada un da súa maneira e correndo ou andando chegamos á praza do obradoiro a carreira foi entretida e de moito esforzo para os que fomos correndo e supoño que relaxada para os que foron andando cando os últimos participantes chegaron a meta realizouse un pequeño concerto por parte da orquestra do xabarín clube todo rematou e marchamos para rianxo contentos da actividade e tamén con un pouco de fame 6
[close]
p. 9
as mulleres tamÉn escriben dentro das actividades da semana da violencia e da igualdade de xéneros o equipo de normalización lingüística programou a reivindicación da muller escritora baixo o lema as mulleres tamén escriben para organizar este evento tivemos que seguir os pasos 1 buscamos fotografías de escritoras galegas 2 pedímoslle a alfonso o profe de plástica que pintara os retratos das escritoras máis significativas el xunto co alumnado levou a cabo a realización dalgúns retratos que se expuxeron na entrada do ies 3 buscamos algúns versos das autoras contemporáneas moitas delas moi novas para dalas a coñecer 4 cos textos escollidos fixemos carteis que foron pegados polas portas das aulas e outras dependencias do instituto sala de profesorado secretaría 5 tamén fixemos dous carteis grandes baixo o lema as mulleres tamén escriben explicando o noso traballo que partiu duns versos de rosalía de castro que reivindicaban no seu momento o estatus da muller escritora marilar aleixandre daquelas que cantan as pombas i as frores todos din que teñen alma de muller pois eu que n´as canto ¡virxen da paloma ai ¿de que a terei rosalía de castro e dos que fixera o seguinte comentario m ª pilar garcía negro fina casalderrey maría lado chus pato emma couceiro a contemporaneidade galega non podía ter mellor comezo do que este poema de rosalía de castro a nosa acta fundacional como mulleres como galegas fica clara transgresión de norma sexista redefinición do papel social e cultural das mulleres liberdade de expresión incondicional de semellante manifesto vimos e a el nos debemos maría pilar garcía negro yolanda castaño xela arias 7
[close]
p. 10
mulleres no mes de abril celebrouse no noso centro unha semana contra a violencia de xénero houbo moitas actividades entre elas organizouse unha exposición sobre mulleres deportistas a iniciativa desta exposición levouna a cabo edda beltrán a profe de e.f ela pasou información sobre mulleres deportistas e levamos o traballo da seguinte maneira 1 recollemos información sobre deportistas as seleccionadas foron -chus lago -gemma mengual -judit polgar -mª xosÉ rienda -arantxa sÁnchez-vicario -almudena cid -jeniffer colina -carolina rodrÍguez 2 a información obtida puxémola en carteis de cores que contiñan os datos sobre as súas actividades e tamén algunhas imaxes Ó final expúxose no corredor da entrada no noso instituto esta galega é viguesa É a primeira muller que conseguiu chegar ó cume do everest sen osixeno artificial ademais escalou cumes como o annapurna o cho oyu ou o pobeda kirguizistán no ano 2000 foi galardonada coa medalla de bronce do consello superior de deportes todos estes carteis expostos no ies foron feitos polo profesor de plástica alfonso e o seu alumnado 8 grazas É ata a data de hoxe a única muller española en convertirse na número 1 na clasificación da wta en 1994 a federación internacional de tenis itf declaraba a arantxa campeona do mundo do ano 1994 sen dúbida coa victoria en dous dos catro grand smals o 1994 foi o mellor ano de arantxa máis tarde en marzo do 2001 ademais convertíase na quinta muller na historia do tenis en superar as 700 victorias individuais.
[close]
p. 11
deportistas esta rapaza naceu en barcelona o 12 de abril do ano 1977 mide 1.73 a súa especialidade é a natación sincronizada e ademais está no cn kallipolis disputou os xogos olímpicos de sydney no ano 2000 É unha estrela da natación sincronizada foi oitava nun dúo nos xogos olímpicos de sydney 2000 conseguiu o bronce en só e dúo nos mundiais de barcelona 2003 gemma ademais nos europeos de madrid 2004 conseguiu a prata e o ouro esta muller naceu en granada o 29 de xuño do 1975 a escasos 50 km doveleta a punta máis alta de serra nevada con tan só 10 anos participou na súa primeira competición non tardou máis que tres anos en proclamarse campiona de españa de eslalon xigante foi en 1994 cando participou nos xogos olímpicos en lillehammer onde quedou vixésima en superxigante maría xosé confirmou ser a máis regular do noso esquí femenino ó conseguir o sexto posto ximnasia rÍtmica almudena cid-jennifer colina-carolina rodrÍguez esta muller húngara irrumpiu con forza na élite do xadrez cando con 15 anos logrou o título do gran maestro de xadrez botando por terra as marcas establecidas por mitos como boddy fischer ou kasparov no día de hoxe compite ó máis alto nivel e xa consegui os dous principais obxetivos que se marcou tempo atrás o primeiro gañar un posto entre as 10 mellores do ránking as súas dúas irmás sofía e susana tamén teñen almudena cid É unha veterana neste deporte ximnasia rítmica tan só ten 21 anos na competición do último mundial conseguiu un quinto posto pero para almudena a competición non acabara xa que se clasificou para a final individual onde logo conseguiu unha sexta praza jennifer colino jennifer tan só ten 15 anos e é a décimoquinta do mundo agora mesmo está estudando 1º bach.co que combina as 8 horas de adestramento carolina rodrÍguez É a máis nova das tres e é leonesa recorda o mundial como unha experiencia inolvidable e cando se lles pregunta ás tres que é a ximnasia para elas esto é o que contestan almudena cid para min é arte ademáis é un deporte con beleza e moita estética jennifer colina para min é a miña vida esto e os estudos son o máis importante carolina rodrÍguez para min é todo sen a ximnasia non sería eu almudena cid no mundial m carmen filgueira 3º eso d 9
[close]
p. 12
itinerario didÁctico organizado polo dep de artamento bioloÍa e xeolo p ra 4º de eso e 2º de ba x xÍa a ch b cando vénres 12 de decembro hora de 8:30 a 21:30 quen fomos os alumn@s de 4º e bacharelato con quen fomos carmen vales mónica e pilar a donde a planta de compostaxe de lousame o museo de bioloxía universidade de química e o instituto de cerámica 1 visita Ó complexo medioambiental de tratamento dos residuos sÓlidos urbanos da mancomunidade de concellos da serra do barbanza situado no concello de lousame chegamos alí sobre as 9,30 h e o primeiro que fixemos foi poñer a vestimenta de seguridade que estaba composta por un casco e un chaleco reflectante despois diso a nosa guía explicounos que cada persoa producimos unha media de1 kg de lixo ó día logo de debater sobre a grande cantidade e tipo de refugallos que xeramos e ver que se podía facer con eles dixéronnos que en realidade o mellor era facer o das tres r reducir o lixo producido reutilizar todo o que se poida volver a usar e o que quede reciclalo nas empresas correspondentes para poder facer esto último debemos colaborar todos seleccionando previamente nas casas os distintos materiais nunha bolsa a materia orgánica outra para a materia inerte latas briks plásticos louza textís outra para o papel e cartón e outra para vidro cada bolsa será depositada nun contenedor específico que logo recollerán os camións para trasladalo á planta a continuación empezamos o percorrido pola planta de tratamento empezamos coa liña de fracción inerte onde o contido das bolsas pasa por unha cinta transportadora e a ambos lados as tríadoras nelas están mulleres xa que pola política da empresa non podía haber homes ían separando os distintos tipos de plásticos os metais férricos son separados cun electroimán e os non férricos caen separados cada unha destas fraccións de lixo separadas empácanas e lévanas ás súas respectivas fábricas de reciclaxe alí na planta tamén teñen un vertedoiro controlado a onde van parar os obxectos que non se poden reciclar os rexeites como poden ser os colchóns o 30 do lixo que chega á planta é depositado neste vertedoiro por último ensináronnos a liña da fracción orgánica na cal entra a materia orgánica e transfórmana en compost a materia orgánica peneirase extraendo todo aquilo que erroneamente se mesturou con ela está 15 días nos compotúneles e de 3 a 4 meses no seu período de maduración entre 65 e 70 ºc cando xa está maduro pasa polas peneiras para separar os plásticos e vidro que aínda puidera conter neste proceso as bacterias aerobias transforman a materia orgánica nun abono orgánico chamado compost semellante ó mantillo pero de maior calidade que logo venden a uns tres céntimos o kg e parece ser que non dan abasto desta forma ó aboar co compost devólveselle á terra materiais que antes se extraeron dela pechando en parte o ciclo da materia dos ecosistemas complexo medioambiental de tratamento dos r.s.u da naturais mancomunidade do barbanza pacas de plásticos 10
[close]
p. 13
2 museo de historia natural logo da planta de compostaxe de lousame trasladámonos ata santiago tivemos tempo para comer e dar unha volta pola cidade Ás catro da tarde fomos facer unha pequena visita ó museo de historia natural que se atopa na facultade de química alí vimos animais disecados conservados en alcol coleccións de cunchas restos humanos momificados e a sala de xeoloxía que contén unha impresionante colección de minerais de diversa procedencia algúns de galicia e de moitos outros países seixos calcitas piritas ata un diamante tamén tén colección de rochas de galicia 3 exposiciÓn de minerais de galicia e os seus usos situada no instituto da cerámica alí observamos os distintos minerais que se explotan en galicia e as súas aplicacións principais algúns dos minerais que vimos son os seguintes amica mineral presente en moitas rochas formado por sílice e outros elementos É brillante ten diversas cores e esta divídese en capas con facilidade museo de historia natural luis iglesias santiago emprégase para a fabricación de cosméticos pasta de dentes illante eléctrico entre outros caolín arxila branca que se emprega para a fabricación de porcelana e papel seixo mineral moi duro formado por sílice puro que se atopa en moitas rochas pode ser transparente ou de cores diversas emprégase para a fabricación de vidro e porcelana calcita e magnesita emprégase para a fabricación de cemento medicamentos e polvos de talco entre outros arxila substancia mineral que unha vez mesturada con auga forma unha pasta moi moldeable que se volve dura se se coce emprégase para facer obxectos de cerámica ladrillos tellas etc alí tamén vimos outros minerais como o ouro e o rutilo traballo elaborado na asignatura de bioloxÍa e xeoloxÍa pola alumna sara carou figueira 4º esoc a nosas opinións pasámolo ben que nos gustou o moi o máis foi museode bioloxía plantade compostaxe a tamén estuvo xa que ben aprendemos fan o que co lixo pero deverían darnos de mascarillas porque fece bota eso que para atrás raquel sonia marta sara e 4º a planta compotaxe de estaba máis limpae ulia mellor da coruña a ca película novia cadaver que algúns fomosver a area central gustounos moito fátima 4º 11 b c d e
[close]
p. 14
participamos no proxecto rÍos que é o proxecto ríos é unha iniciativa de concienciación educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos levada a cabo por adega asociación pola defensa ecolóxica de galicia fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza adopción do río que pasa polo seu municipio ou localidade estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano en base á metodoloxía e mateirais de apoio proporcionados polo proxecto ríos que axudarán a cumplimentar as follas de inspección con estas elaborarán informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas asemade recolleranas nunha base de datos accesíbel na web do proxecto ríos www proxectorios org posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no programa de adopción de ríos co que se fan responsábeis nalgunha medida de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan quen pode participar está aberto a calquera persoa ou colectivo que asuma o compromiso de levalo adiante asociacións de veciños de pescadores deportivas culturais sociais centros educativos escolas de tempo libre grupos familiares ou de amigos o proxecto ríos abrangue toda galiza e dentro dela calquera río de certa entidade que discorra nalgún dos seus treitos polo noso país para a realización da inspección de ríos cada grupo ou persoa participante selecciona un ou varios tramos de 500 m do río escollido cos materiais proporcionados polo proxecto realizarán unha avaliación pormenorizada das súas características e estado atendendo a parámetros como -velocidade da auga caudal tamaño da canle etc -descripción física -características e estado do bosque de ribeira -construccións sumidoiros etc -análise de augas -fauna e flora inspecciÓn en rianxo o grupo formado por 12 alumnas/os de 4º de eso dirixidos pola profesora de bioloxía fixemos a primeira inspección do tramo do río té comprendido entre a ponte do cocón e o muíños de francuín duns 12 500 m de lonxitude o 26 de maio pola tarde armados co material necesario truel termómetro indicadores de ph e de nitratos lupa bandexas pinzas etc partimos á saída das clases logo de comer ó pe do río comezamos a inspección despois de identificar ben o tramo do río a estudar coas coordenadas utm a partir do mapa topográfico empezamos coas dúas partes da inspección 1ª recorrido do tramo para facer unha inspección básica do río cada grupo elaborou un esquema cada 100 m onde situaban por medio de símbolos os elementos que caracterizan á zona pontes rápidos saltos de auga rochas illas substrato vexetación da canle e ribeira características das marxes vexetación colectores etc 2ª logo escollemos un punto de mostraxe no cal analizamos o ecosistema acuático máis polo miúdo aquí pasamos a maior parte do tempo facendo as medidas do río anchura fondo velocidade da auga etc analizando as características físico-químicas da auga tª ph nitratos nitritos turbidez a vida dentro do río plantas larvas de macroinvertebrados etc segundo este estudo o estado de saúde do río é bastante bó e o bosque da ribeira está ben conservado en gran parte do percorrido ao final do tramo hai unhas ruínas que hai algún tempo albergaban un conxunto de 4 muiños os muiños de francuín pero só se conservan as paredes de pedra polo cal as autoridades competentes deberían potenciar medidas de restauración e conservación deste patrimonio etnográfico todos estes datos recollidos no cuestionario enviarémolos á sede do proxecto ríos e para o vindeiro curso en canto se abra a campaña esperamos voltar a facer a 2ª inspección dende aquí animamos a todos/as a que vos sumedes a participar e ampliar na seguinte campaña a análise dos ríos da zona como punto final os/as máis previsores levaban bañador tiveron tempo de darse un chapuzón na zona chamada o pozo os intrépidos saltadores da ribeira fran lucía rubén-raúl sara fernando os demais descansamos á sombra das árbores preguntándonos se debiamos catalogar a estes seres como propios do río ou novos invasores nadaban coma lontras coordinadora carmen vales grupo melissa raquel cespón adrián lucía alicia fátima raquel ramos sara rial raúl fran fernando e sara sumay e coa colaboración especial en intendencia da nai de melisa.
[close]
p. 15
visita cultural a vigo o día 6 de abril de 2006 os alumnos de 1º de e.s.o do ies félix muriel fixemos unha visita cultural a vigo saímos do instituto ás 8,30 e chegamos a vigo ás 10 h como a visita concertada en verbum era ás 11 estivemos algún tempo na praia de samil unha praia moi bonita e grande que ten vistas ás illas cíes na praia había un bar no que podías mercar algo de comer ou beber.aínda que chovía un pouco case todos os rapaces estabams na praia a miar as ondas do mar porque a pesar de que non facía ningún vento rompían con bastante forza Ás 11 fomos á casa da palabra un museo no que nos deron un formulario con preguntas que tiñamos que contestar por grupos a primeira visita fixémola no 2º andar no que estaba unha exposición sobre os espacios naturais alí coincidimos cuns rapaces de primaria dun colexio de vigo no primeiro andar estaba dedicada á palabra as diversas formas de comunicarnos de forma oral e escrita os primeiros libros a música cada media hora baixabamos por grupos a unha sala onde dúas monitoras dirixían un xogo tuti-fruti nesta actividade elas dicían unha letra do alfabeto e tiñamos que poñer palabras que empezaran por ela comida nomes de persoa prendas de vestir cada resposta recibía unha puntuación dependendo dos grupos que coincidían Á 1,30 fomos xantar case todos o fixemos no parque que hai cerca da praia Ás 4,30 da tarde collemos o autobús e fomos a un museo de arte contemporáneo marco a primeira cousa que vimos nesta exposición foron unhas taboíñas no chan moi desordenadas segundo nos explicaron era madeira reciclada que se colocou formando un parqué que se foi desfacendo ao pasar a xente por riba del neste antiguo cárcere había unha sala dedicada á morte do graffiti porque é unha arte que ten que estar na rúa e non nun museo nas distintas estancias encontramos cadros esculturas un cuarto con liteiras algunhas cousas que nós non entendiamos moi ben cando saímos déronnos unha taboíña co número de visita que lle correspondía ao noso grupo antes de coller o autobús para a volta á casa tivemos un tempo libre pola rúa do príncipe unha das máis famosas de vigo chegamos a rianxo sobre as oito da tarde adriana romero rey 1º d eso 13
[close]