p. 1
anacos nº 9 ies félix muriel de rianxo 2003 editorial nós paratodos saber máis comics máis anacos opinamos retratos os máis mellores toma nota ¡por fin ies félix muriel de rianxo 2003 anacos nº 9 ie s félix muriel de rianxo 2003
[close]
p. 2
direcciÓn valentina formoso gosende redacciÓn mª paz plaza sixto diseÑo grÁfico mª alba piñeiro martínez maquetaciÓn rodolfo piñeiro pazos q ui p o e de re a c c ó n d i í ndice 2 4 5 9 12 16 18 21 26 29 30 42 46 47 50 51 52 53 58 59 69 ediciÓn maría dolores bretal martínez xesús costa rodil maría asunción gonzález gonzález mª dolores muíños nodar antón nieto garcía maría c rodríguez varela valeria castro vicente 1º eso a raúl costas beiró 4º eso d mª cristina fariña 3º eso a mª cristina iglesias lópez 4º eso c rebeca jamardo cerqueiras 4º eso c adriana ordóñez otero 2º bach b sara ordóñez sampedro 1º eso d fátima pérez piñeiro 1º eso d raquel ramos silva 1º eso d alba maría resúa creo 1º eso c lara torres rodríguez 2º eso d maría varela abuín 1º eso c ilustraciÓn juan r mosquera 1º bach a portada nerea pérez 3º eso c katerina romero 3º eso e sara rial 1º eso d mª eugenia bolano 1º eso d esther rodríguez 3º eso e noelia blanco pdc alba galbán 3º eso b lara torres 2º eso d bárbara seoane 3º eso d nÓs o noso félix muriel o club de piragüismo paratodos especial marea negra actividades excursións saídas deportes saber mÁis nomes propios investigación arte francés comics mÁis anacos literatura opinamos as caras da desilusión diario de a bordo o galego estándar galiza ceibe hai para todos retratos entrevistas caricaturas os mÁis mellores concursos e premios toma nota cousas de interese ¡por fin!
[close]
p. 3
revista do equipo de unha nova etapa con este número 9 que estamos presentando xorde unha nova etapa da revista anacos do ies félix muriel de rianxo se a vila e o concello de rianxo foron berces de grandes escritores da literatura galega e de grandes defensores da lingua consideramos que desde o seu ies se debería facer unha revista que na medida do posible dese a talla non queremos ¡só faltaría menosprezar o traballo feito nos números anteriores de anacos pero si darlle un novo xiro en varios sentidos normalizaciÓn lingÜÍstica editorial ies félix muriel de rianxo en primeiro lugar queriamos que fose a revista de todos onde tivesen cabida traballos de tódalas áreas coa única condición de que estivesen en galego porque e aí outro dos nosos obxectivos a revista está dirixida polo equipo de normalización lingüística e quere demostrar que a nosa lingua serve para tratar tódolos temas que ten prestixio e que a usamos porque é nosa tamén buscabamos que fose a revista de toda a comunidade e así ofrecémoslle a oportunidade de participar ademais de a todo o alumnado ó profesorado ós pais e a persoeiros de fóra do centro por outra banda pretendiamos facer unha revista de calidade para que nos lesen outros que non fosen os que a escribiron e os seus familiares máis directos co cal estaremos ofrecendo en galego outro medio de comunicación que aspiramos a que chegue fóra das fronteiras do ies por último tentabamos cambiala por fóra porque nos tempos que corren ou chama á atención visualmente ou xa non se lle dá mérito aínda que o seu contido sexa valioso o tipo de papel o colorido o formato de revista ben estudiado pensamos que van axudar a que a xente se pare máis a le-los seus contidos este motivo á parte de incrementa-lo traballo de deseño e maquetación da revista planteounos un tema que para todos é serio o económico mellora-la calidade supoñía incrementa-los custos e isto levaba consigo dúas cousas pedir esmola e ademais ter que pensar en poñerlle prezo á revista con respecto á este último punto ademais da axudiña que nos supoñía cobrala pesou o tema de que a xente non valora aquilo polo que non paga aínda que o prezo sexa simbólico coma desta vez e non queriamos regala-las nosas revistas para que á media hora estivesen tiradas polo chan do centro no tocante ó primeiro punto tivemos varias discusións xa que o límite entre pedir esmola e admitir publicidade non está moi claro se alguén aporta cartos para a revista quere que se lle recoñeza na mesma ¿ou non que conste que nin a apa nin o concello nos insinuaron nada cando nos deron os cartos pero cando pensamos en pedir outro par de axudas ás dúas empresas coas que traballa o instituto ofrecémoslle resaltalas na contraportada así polo menos este ano non é unha revista con publicidade pero si con aportacións económicas foráneas estas páxinas foron feitas con moita ilusión e moito esforzo por parte de todo o equipo pero sen moitos medios polo tanto gustaríanos que o tivesedes en conta cando as leades de seguro que dentro atopades cousas que vos agraden interesen ou sorprendan e algunhas tamén que non vos gusten pero xa se sabe que para gustos de tódolos xeitos agradecerémosvos que nos fagades chegar as vosas críticas sempre que sexan constructivas para podermos mellorar nos números seguintes ¡gracias por confiar en nós agradecementos desde a dirección da revista dámoslle as gracias ó alumnado e profesorado que colaborou achegando os seus traballos e sobre todo ó que estivo no equipo de traballo da revista para decidir seleccionar picar buscar redactar sen os que este número non sairía á rúa por suposto tamén ós colaboradores externos por enviarnos eses artigos que fan a nosa revista máis aberta e diversa loxicamente tamén lles temos que mostrar agradecemento ó equipo directivo do ies polo apoio e axuda en todo o que nos fixo falta ós membros do claustro que sufriron en silencio a ocupación do ordenador/es da sala de profesores á orientadora por brindarnos as súas instalacións ás entidades que achegaron algún diñeiro para mellora-la edición da revista e máis que nada a todos os que nos ides ler porque ningunha revista ten sentido sen os seus lectores ana nº 9 1 cos
[close]
p. 4
o noso félix muriel nós de como veu Ó mundo fÉlix muriel los enigmas viajan con las estrellas yo hablo de laberintos y de puertas cerradas y de lo mal testigo que es el hombre de sí mismo prueba de ello es el hecho de que no pueda dar razón sobre asunto tan importante como su origen y nacimiento rafael dieste a lenda conta que na tertulia onde os exiliados republicáns galegos se reunían no buenos aires dos ´40 xurdira un bon día certo desafío.no prazo de dous meses rafael dieste debería entregar unha serie de narracións para serem publicadas para cumprir o compromiso cada sábado tería que levar un conto ós contertuliáns que alí mesmo no café tortoni se lería o nome o pai chamábase eladio dieste muriel na familia da sua avoa paterna maría muriel rodríguez había un frade pintor nomeado precisamente félix muriel nome que durante a guerra civil empregará dieste como pseudónimo na revista nova galiza boletín quincenal dos escritores galegos antifeixistas barcelona 1938 algúns din que félix muriel é o alter ego de dieste un trasunto seu outros dirán que é o seu verdadeiro autorretrato o libro contra as amputacións da intelixencia no medio dun grande vacío espiritual loitando por derrubar os muros da angustia dos medos e a vulgaridade en tan aciagos tempos 1943 1 na argentina mentras o mundo se estremece de espanto noutra guerra aparecen as historias e invenciones de félix muriel o reto estaba gañado dun desterrado a outros o libro era tamén unha viaxe á memoria da terra perdida en galicia no conocen este desvelo este desarraigo este llevar el país gallego apasionadamente en el alma este es sólo un dolor de desterrados y de emigrantes félix muriel será un impagable e fermoso regalo á sua xente a de rianxo e por extensión ós galegos a todos a lingua ainda que non sexa a súa o espírito é evidente escribe en galego con verbo castelán ¡tan fondamente nutrido está das tradicións e antigas lendas do seu pobo la gran franqueza y el dilatado misterio félix muriel é escritor e narrador de invencións anímicas filosóficas folklóricas e intelectuais vai madurar desde neno a xoven carregando sempre co fardo dos seus recordos É unha persoa extremadamente sensible dado á fantasía atento ó misterio que hai entre o que cremos máis coñecido estima moito a amistade e está unido de forma entrañable ó seu pobo a tódolos seres que poboaron a sua infancia tanto ós familiares como ás xentes da sua vila mariñeira síntese parte dunha comunidade ou dunha estirpe como preferirá dicir dieste a terra das lembranzas después de pasar años y años matando los recuerdos se presenta el hoy con el pasado de hace veinte años el pasado no tiene tiempo está ahí colgado sin fechas rosario hiriart alonxado da sua terra rafael por medio de félix afonda no seu pasado na busca do coñecemento propio da caridade da fraternidade compaixón e responsabilidade que están íntimamente arraigados no contexto histórico da guerra civil e a postguerra por medio da fantasía e a escritura busca de forma honrosa unha explicación que ilumine a memoria pode atar ó pasado mais tamén pode liberar félix muriel está cheo de personaxes tan errantes como o propio autor naqueles momentos podía odiar ou esquecer o tempo ido para sempre perdido e desperdiciado mais buscándoo sen refuxiarse nel recóbrao como tributo á c os nº 9 2 1 como o instituto do libro prohibía a importación comercial dos que estaban nas suas listas negras tardará en coñecerse en españa onde aparecería no 1974 ies félix muriel de rianxo ana
[close]
p. 5
o noso félix muriel memoria escribe pois este libro branco a sua historia en anacos buscador de pegadas coa sua terra como centro do mundo -a real e a evocada como faulkner co seu yoknapatawpha e os seus herdeiros garcía márquez con macondo rulfo con comala benet con región descubrindo un novo territorio da imaxinación rianxo ese lugar onde se funden o lembrado o soñado e o vivido a estirpe a xente no es lo mismo escribir en una sociedad que se da por hecha que en una sociedad cuya construcción se sueña gabriel zaid non o individuo senón a comunidade non a masa amorfa senón o conxunto de persoas que viven na intimidade a sua pequena ou grande traxedia a ilusión ou ledicia os medos ocultos,as visións máxicas e misteriosas dun babel de lendas nos que quen lé ou escoita deberá encontrar por sí mesmo a clave dos enigmas que félix muriel lle presenta licor de amistade o quinqué cor guinda o fin dieste matemático e filósofo sabía moi ben que a razón 2 é un instrumento perigoso de aproximación á realidade que nunca nos permite achegarnos demasiado e que ás veces desfigura esencialmente o que pretendía revelarnos sabe que no extremo último da ciencia e da filosofía rexurde o misterio o inexplicado o meniño félix que aprecia na cor guinda dun quinqué de petróleo un licor de amistade como rafael dieste cando viaxou por toda españa coas misiones pedagógicas á cabeza do grupo galego buscando unha auténtica cohesión e fraternidade entre tódolos seus pobos sen impor ningunha ideoloxía determinada senón con grande amplitude de ollar dicíndolles ós campesiños cales eran os seus dereitos e valores con espírito enormemente aberto nunca dogmático e sen pedanterías tratando xa por entón de armonizar e fundir a sensibilidade coa reflexión así como máis tarde lonxe ¡tan lonxe mais con un bon humor triste de verdade parecéndose un pouco a arlequín e tamén a charlot o homiño desfarrapado e rebelde dentro da sua miseria como unha forza feliz que sobrevive xubilosa tenra como unha estrela de ensoño coas suas chispas vivificantes e a voz terrenal da ledicia así ése un espírito libre é -e acaso será o félix muriel o papel da intuición 2 dieste recalca ies félix muriel de rianxo para rendir verdades que poden ser iluminadas ou confirmadas posteriormente pola lóxica sen os estímulos a priori da imaxinación a intuición a inspiración e a visión a razón non ten a que aplicarse nós cos a nosa toponimia estase levando a cabo un traballo do estudio da toponimia de rianxo desde o noso ies comezouse o ano pasado un estudio bastante ambicioso sobre os nomes de lugares de todo o noso concello con vistas a continualo en anos sucesivos desde o sitga facilitáronnos as fotos aéreas do territorio que levamos a fotocopiar e que estivemos montando en cartulinas para poder traballar con máis facilidade mediante unhas fichas en diferentes cursos e con diferente nivel de dificultade estivéronse recollendo tódolos nomes de parroquias aldeas e lugares do concello o curso de 1º eso d dirixidos polo profesor x costa foi o único que traballou como grupo esta actividade na clase o resto dos colaboradores son de cursos e clases diferentes que na maioría dos casos pasaron os seus recreos na aula de normalización lingüística montando mapas e localizando os nomes das aldeas neles estamos comezando agora cos nomes de leiras e montes e a idea é que nuns anos teñamos toda a toponimia recollida e saibamos o que significan se non todos a maioría deses nomes en xuño do ano pasado a tvg veu ó centro interesarse por este traballo e grava-los rapaces que participan nesta actividade ¡animamos a todos os que están a que sigan para o ano e ós que non participaron aínda a que se ana animen a facelo nº 9 antón nieto 3
[close]
p. 6
nós o club de piragüismo portodemouros arzúa na modalidade k-4 dama cadete nas distancias de 500 e 1000 metros neste ano o club consegue un total de vintecinco medallas en regatas oficiais da copa xunta copa de españa e campionatos oficiais no ano 2002 supéranse por unha o número de medallas oficiais conseguidas destacando sen dúbida algunha a medalla de ouro lograda polo c4 cadete formado por mondragón tino luís e gustavo tubío no campionato de españa na distancia de 1000 metros e a medalla de prata alcanzada na distancia de 500metros sendo substituído luís por vicente abuín neste ano participan na concentración nacional de infantís aitor varela luís figueira ies félix muriel de rianxo o club piragüismo de rianxo nace no ano 1999 coa fin de promocionar e potenciar o piragüismo na zona do barbanza o actual entrenador e presidente é josé ramón vázquez gonzález neste primeiro ano o club participa unicamente nas regatas de promoción da copa xunta para alevíns e infantís e froito deste traballo no ano 2000 acádase a cuarta praza no campionato galego de infantís por clubes sendo o primeiro club clasificado da provincia de a coruña feito que motiva á entidade para continuar co labor de promoción da base e organización de cursos de iniciación da escola deportiva en colaboración co servicio municipal de deportes do concello de rianxo o ano 2001 é o ano da consagración do club destacando as actuacións en infantís de aitor varela e xulián mondragón que foron convocados para participar na concentración nacional de infantís do 26 ó 30 de agosto xulián mondragón o palista máis destacado consegue dous ouros na copa de españa de infantís en zamora e arzúa Á súa vez proclámase campión galego en caldas de reis sendo acompañado no podio por gustavo tubío medalla de bronce na categoría cadete cabe destaca-la actuación de david varela e luís tubío cuartos no campionato de españa en c-2 sendo a primeira embarcación galega por outro lado as damas do club adela ramos estefanía figueira adriana ordóñez e verónica vazquez conseguen a medalla de bronce no campionato galego celebrado no encoro de nº 9 outra actuación destacable desta temporada é o bronce acadado polo k-4 dama junior formado por adela estefanía adriana e verónica campionato galego de pista na distancia de 500 metros así como as medallas de prata e bronce do c-4 cedete 1000 e 500 metros respectivamente actualmente o club organiza a regata vila de rianxo que vai na súa cuarta edición así como a escola deportiva municipal na que participan menores de todo termo municipal o club piragüismo rianxo convida a tódoloa mozos a formar parte do mesmo fortalecendo á entidade e conseguindo que ano a ano os éxitos vaian en aumento 4 ana c os
[close]
p. 7
especial marea negra unha nova galicia un pobo en pÉ Á chamada de marea negra no movemento popular de nunca máis para a cadea humana entre laxe e muxía no mes de xaneiro -chuvioso e morno uns días frío seco ou nivoso noutros respondeu o novo sangue de galicia rapazas e rapaces autorizados por seus pais de moitos i.e.s da nosa terra libre voluntariamente xunto coas súas profesoras e profesores con verdadeiro entusiasmo e compromiso algo máis de corenta mil alumnos e alumnas desprazados nuns oitocentos autobuses puxeron rumbo á costa da morte nunha maña bretemosa de chuvia maina ás veces e chuvascadas tormentosas noutros momentos o día arrepoñíase pero a forza do espíritu foi maior o arrecendo do mar embravecido do noroeste galaico acenaba por nós e nós acudimos a súa querencia ¿acaso podía faltar a seiva nova das terras de rianxo desta terra de trobeiros do mar de egrexios devanceiros zarpamos do i.e.s félix muriel nome de lembranzas creación do insigne autor de dos arquivos do trasno uns trescentos alumnos e alumnas acompañados das educadoras e educadores seis autocares coma seis galeóns conformaban a nosa frota e puxémonos rumbo noroeste ies félix muriel de rianxo de rianxiño polas terras encostadas cara a ría dearousa da prerromana taragoña pasamos por ponte beluso e cara á medieval noia cruzamos o estreito confurco a néboa espesa e o tempo chuviñoso ían con nós dos montes baixaban os regatos a cachón para acollerse no leito das zanxas das beiras da estreita estrada a occidente denantes de arribar á vila da igrexa de s.martiño co seu pórtico compostelán e a de santa maría a nova a das laudas gremiais deixamos a terra de taramancos berce e sartego do bardo avilés a quen neste ano galicia recoñece como poeta insigne da súa lírica e loitador polo seu país e pasamos ponte nafonso desembocadura do río tambre o tamaris de mela ou tamarici de plinio para ir parar a serra de outes os piñeirais os eucaliptais as pequenas carballeiras e soutos e os prados verdecentes son a nosa santa compaña en todo o percorrido proa ó norte ascendemos de vagar ás terras que ocuparon os supertamáricos á meseta do río xallas os novo van buligueiros faladores coas ansias abertas de xuventude coas ilusións agromando chegados a pino de val e ó pouco a mazaricos a penichaira amósasenos verdegal vizosa e as súas aldeas espalladas entre as terras adicadas a pastos contrastan co verdor intenso dos campos e nesta paisaxe de campos abertos por mor da concentración parcelaria non podiamos esquecer a lembranza do vate de os eoas os queixumes dos pinos de eduardo pondal o poeta da terra de xallas feros corvos de xallas ¡quen poidera ser voso compañeiro pola gandra longal algo das vagas brétemas algo das uces altas algo dos libres corzos e das feras bandadas dos corvos vagamundos que se espallan de xallas polas gandras ana paratodos nº 9 5 cos
[close]
p. 8
paratodos especial marea negra os hórreos toda a súa estructura e elementos de pedra descansan baixo o ceo chumbo e pluviosidade mantense por veces intensa e nós atravesamos a gándara para cruzar olveira e baíñastopónimo con significado se cadra de charqueira e baixar ó val de vimianzo arribamos á dita vila enclavada nunha depresión a xeito de conca sedimentaria entre as altas terras de xallas e as serras costeiras na mesma compaña a chuvia inceante o castelo dos moscoso de altamira construído no s.xiii sostense aínda como vixía do medievo viramos cara á costa entre cabo vilán e cabo tosto nos confíns de camariñas o vento noroeste para levantarnos o ánimo vai destecendo os nubeiros e o sol impaciente por aparecer alumea a nosa vista e quenta os nosos corpos aterecidos transmitíndonos a súa ledicia.e esta marea humana na que estamos collidos da mar afírmanos na reivindicación de todo un pobo ¡nunca máis nesta hora as voces da multitude nova e xenerosa resoaban de laxe a muxía nos areais e nos cantís baixo a cúpula celeste azul para gravar no aire e no vento a palabra ¡vida e así neste ambiente afervoado transcurriu o tempo rematada a actividade co tempo soleado a paisaxe mariña inda que degradada e os numerosos e secos penedos graníticos rosáceos nos fortes declives da pequena serra da beiramar facían aumentar os nosos desexos de xantar que logo de todo o tempo de camiñada e de acción xa eran moitos e aquí entre cabo vilán ó s e cabo tosto ó n xantamos con frugalidade mais con pracer no empezo da tarde percorrémo-lo camiño de volta agora máis ledos disfrutando dos mornos raios de sol a longa ringleira de autobuses esperaba e con orde fómolos ocupando de novo en marcha cara a vimianzo para logo dirixirnos ás terras de cee e corcubión ós confíns do solpor de fisterra a feble brisa nortesía mantiña o ceo despexado e corría con nós para arribar á enseada que o trebón atlántico fai máis procelosa que mansía entre cabo fisterra e punta caldebarcos en pouco tempo fitamos a vila de cee e á nosa destra apareceu poderoso o rochoso cabo que mira cara ó mediodía como proa de navío rumbo ás rexións austrais.¡que beiramar máis fermoso cando escintila a luz solar e o céfiro acariña a nosa face o celme das rías baixas apréixanos pero a costa segue amosando as profundas pegadas da catástrofe ancoramos na enseada de Ézaro para abraiarnos fronte a desembocadura do río xallas esa fervenza causada polo levantamento do macizo galaico nesta rexión que o fai singular no planeta tamén os montes do pindo nos asombran cos seus xigantescos penedíos graníticos e a súa verticalidade sobre a enseada e o pobo que causou fonda impresión en frei martiño sarmiento na súa viaxe de 1745 a galicia o monte pindo que non é tanto º9 un monte empinado mais unha serra cadea ou retablo de montes unidos que fan á vista unha figura n máis fermosa que a montaña de monserrat de feito convenlle admirablemente o nome de monte 6 pindo e penso que será antigo e que se lle poría por imitación do pindo de grecia e a singradura ana c os ies félix muriel de rianxo Ó fin co paso por ponte do porto chegamos a xaviña desembarco e camiñada atravesando as abas das terras montesías da serra de pena forcada camiño da beiramar cos camiños e pistas enlamados e a chuvieira encima non imos satisfeitos co tempo pero non recuamos seguimos adiante por un terreo con pegadas dos lumes e ó pouco xa escomenzamos a escoitar o bruar do mar ¡máis ánimo chegados ó alto ollamos a costa a pouca distancia vai minguando a chuvia ¡disque tódolos santos axudan ó baixar e é verdade un grupo de soldados está na zona para efectuar traballos de limpeza os picos do home do corveiro non se achegan á costa deixan unha estreita chaira litoral que remata nunha costa baixa e penedía a marea humana centos de rapazas e rapaces asolaga a franxa costeira e contempla a negrura das rocas fuel bastante espeso nas furnas no límite da preamar menos intenso noutras zonas e os espacios de praia aparentemente parecen limpos ¿non haberá acumulación de chapapote nos fondos mariños ¡agora si que comprendemos moito máis o problema a cara da morte refléxase nas pedras e nós queremos vida voltar a ver resplandecente a ribieira as augas do noso mar do noso contento do noso traballo e da nosa riqueza do que para os galegos é o noso edén.
[close]
p. 9
especial marea negra prosegue polo mesmo camiño que percorreu este frade bieito na súa viaxe a galicia de 1745 así pois pasamos o longo areal ou foz de carnota que se abre ó mar nunha ampla chaira litoral dominada por montes duns cinco centos metros de altitude entre punta caldebarcos e punta dos remedios enlira praia que segue a rcibir a chegada de masas de fuel ennegrecendo a fermosa paisaxe e de carnota á lagoa das xarfas moi preto de monte louro para chegar á vila medieval de muros que está nunha bolsa que a ría sarmiento e que o seu topónimo segundo fernando cabeza debe proceder da voz latina muru vila que estivo amurallada xa que no núcleo urbano existe o barrio chamado a cerca indicativo de estar dentro do antigo cercado aquí fixemos alto e de vagar paseamos polos seus soportais e observamos no seu porto os barcos inactivos o día ía minguando e neste serán reemprendemos a última etapa da viaxe de muros a rianxo xa máis cansos despois dun día de bastante animación desde a mañanciña voltábamos co sentimento de estar máis comprometidos coa nosa xente coa nosa terra de ter engadido un verso máis nas moradías do vento do poeta ¡paz verde ¡vida dende este recanto do planeta xesús costa rodil ies félix muriel de rianxo febreiro de 2003 paratodos cos manifestaciÓn en rianxo en contra do fuel que contaminou as nosas costas o mércores 18 de decembro os alumnos/as e profesores/as do ies felix muriel de rianxo manifestaron en contra do fuel no porto rianxeiro a manifestación consistía en percorrer as rúas de rianxo ata o porto entre alumnos e profesores eran sobre unhas 150 persoas saíron do instituto sobre as 12:15 da mañá os alumnos levaban pancartas e obxectos que facían ruído baixaron por rianxiño colleron a rúa arcos moldes baixaron pola estrada do centro médico onde houbo que cortar o tráfico durante uns minutos pararon no cruce que colle para o pazo asados etc e alí estaba o reporteiro do xornal la voz de galicia onde lle sacou unhas fotos ós que se estaban manifestando dirixíronse cara o concello e alí estiveron parados durante uns minutos gritando frases coma estas ¡ o do bigote que limpe o chapapote ¡ non nos miredes unídevos os veciños de rianxo saíron ás fiestras para ver o que pasaba e as persoas que había na rúa quedaban mirando seguiron andando pola rúa de abaixo pasaron por diante da igrexa pola estrada que vai para tanxil colleron dirección ó porto pasando por diante dos artilleiros cegaron ó recheo e alí fixeron unha gran roda uníndose todos polas mans e deixando no centro as pancartas estiradas alí algúns alumnos e o director leron uns manifestos en contra da marea negra cando estaban a ler estes manifestos empezou a chover e todos se foron refuxiar sobre as 13:15 os alumnos e profesores regresaron ó instituto esta vez foron pola beira do mar e subiron por xunto o centro médico Ó chegar ó ies cada un foi polo ana seu lado mª cristina iglesias lópez 4º eso c rebeca jamardo 4º eso c cristina fariña 3ºeso a nº 9 7
[close]
p. 10
especial marea negra galicia tamén ten dereitos paratodos manifesto lido na manifestaciÓn levada a cabo o dÍa 18-12-2002 o fragmento que se publica a continuaciÓn É un dos manifestos lidos na manifestaciÓn do dÍa 18 no que se denuncia a insufrible situaciÓn que estÁ a vivir o pobo galego o tema que nos trae aquí hoxe aféctanos a todos xente galega e non galega o caso do prestige non se pode evadir dicindo que non se hai que preocupar porque todo isto rematará nun par de anos pero ¿que queren que faga este pobo durante eses anos ¿acaso pretenden que nos vaiamos veranear ás costas mediterráneas ou o que é peor ¿cren que unha familia de mariñeiros ou mariscadoras pode vivir durante ese par de anos coas axudas que o goberno ten pensado dar se de verdade pensan así paréceme que se equivocan e se co tema das axudas e as subvencións conseguen convencernos é que verdadeiramente o pobo galego é moi conformista a pesar de todo isto sexamos un pouco optimistas pensemos que as axudas para a xente do mar van chegar e que con elas poderán facer unha vida feliz e acomodada ¿que pasará coa xente que de forma indirecta tamén vive do mar polo que se ve o noso goberno non pensou niso pero lamentablemente os afectados polo verquido do prestige non é só a xente mariñeira hai que pararse a pensar que o motor da economía galega é o mar e as pezas que o moven a xente que vive del se o mar deixa de producir non son só os mariñeiros e mariscadoras os afectados/as senón tamén os restaurantes que non seus menús ofrecen marisco a xente que vende o peixe nas calles etc pero vaiamos aínda máis aló pensemos no turismo que xunto co mar tamén lle da un grande impulso económico a galicia nós supoñemos que cando a xente ven ás nosas costas a veranear e coñecelas é porque lle gusta contemplar a nosa fermosa paisaxe e bañarse nas nosas marabillosas praias de auga cristalina ¿que ocorrerá se a paisaxe se estropea se as nosas augas limpas pasan a estar totalmente sucias loxicamente a xente non virá porque é comprensible que a ninguén lle guste contemplar iso desta forma o sector do turismo galego tamén se verá moi afectado estas son só algunhas das pequenas consecuencias que traerán as pequenas manchas fragmentadas pero gracias a deus ou neste momento lamentablemente a economía galega é toda un círculo na que uns vivimos de outros todo isto lévanos a pensar e preguntarnos ¿que ocorrerá co último eslavón desa cadea económica el tamén recibirá axudas quizais máis que nas axudas económicas que mañán estarán pero pasado xa non o noso goberno debería pensar na axuda moral que é a que agora mesmo máis necesitamos todos os galegos c os canto boto de menos ver as ondas romper nos picos das rochas da costa da morte brancas puras canto boto de menos poder bañarme nas praias máis fermosas de galicia coas súas augas bravas pero cristalinas nunca podería imaxinar que ocorrese algo parecido como o que pasou todas as esperanzas dos galegos mariñeiros ou non afundíronse no mar manchado polo prestige viron morrer toda a súa riqueza que durante tantos anos estiveron xuntando para non ter que volver emigrar e volver empezar de novo viron como xente descoñecida se compadecían polo acontecido e sufriron en silencio mentres se mofaban deles si sufriron anos atrás mulleres e nenos viron como os seus homes se perdían na fondura do mar para ir traballar a terras estranxeiras e lograr gañar algo de diñeiro para alimentar os fillos que chorando esperaban nos fogares afastados algo que levar a boca moitos deles morreron en guerras que de nada servían outros non voltaron e fixéronse americanos de aspecto pero non de espírito os demais voltaron cansados e morriñentos por ve-la súa terra nai as súas familias os seus fogares galicia perdeu homes de ben por todo o planeta perdeu o respecto dalgúns lugares do mundo incluso da propia españa pero aínda así lograron saír a flote por entre as brétemas anos de escuridade azoutaron toda galicia pero esta resistiu facéndose forte a cada momento de sufrimento agarrándose ás súas raíces cravadas ó mundo cando por fin volveu recuperar todo o que perdera non sen sufrimento non sen dor xusto nese momento uns homes elixidos para defendernos déronnos as costas para voltar outra vez ó fondo do mar esta vez cheo de chapapote viñeron con grandes buques de petróleo por galicia para que non asomasemos a cabeza á nova vida pero esta vez tiñamos o apoio que necesitábamos dos nosos veciños dende tantos sitios viñeron axudarnos a combater contra a pobreza cunha soa arma indestructible a solemnidade xuntos loitaremos contra as inxustizas que lle fan pasar a galicia xuntos faremos que as fermosas costas galegas manchadas de ouro negro volvan ser as que eran antes xuntos volveremos a facer valer a galicia por si soa contra un goberno inxusto pero eu agora só podo facer unha pregunta que nos concerne a todos os galegos e ós que non o son ¿cando terminaremos co traballo só se me ocorre unha resposta nunca mÁis noelia romero rial 3º eso b nº 9 8 carla morano rodrÍguez 2º de bacharelato b ies félix muriel de rianxo ana
[close]
p. 11
actividades o entroido chegou o entroido un ano máis tempo de troular e nós non iamos deixalo pasar sen participar o mundo xa andaba moi revolto e no noso contorno tamén tiñamos abondo que rascar así que puxemos a cabeza a maquinar e as bruxas cun pouco de enxeño e outro pouco das nosas artes máxicas demos en facer estas coplas que ninguén se nos enfade non foi con idea de molestar algunhas profes do ies paratodos se eu tivese unha xesta moito había de varrer comezando polo ies habiades todos de ver se tivese unha grande cun rabo ben retortiño habíallo endereitar no lombo dalgún neniño se eu tivese unha xesta moitas cousas varrería tantas que ós de terceiro mandábaos a vilagarcía mandábaos lonxe de aquí mandábaos para carnota a ver se alí polo menos cheiraban a chapapote non a todos meus meniños non a todos ó tuntún que aínda se pode escoller e deixar a trinta e un algúns de segundo e primeiro teñen que andar con coidado porque un barco de guerra xa llo temos preparado co george bush falamos e contámoslle o que hai díxonos que se os enviamos haos de poñer a andar que nolos veñan buscar que lle son de bo proveito comulgan coas súas ideas con todas elas a eito estribillo hai un grupo de malevos con afección criminal que non saben outra cousa que roubar e facer mal e se de aquí non se van nin por boas nin por malas vai haber que amañalos e poñerlles unhas alas que voen lonxe de aquí ou que estean nas alturas pero non dean a vara que as bruxas non os aturan aínda non coñecen ben Ó director don luis que se lles pega un bo berro ponos dereitos nun plis estribillo e imos comprar vasoiras e aprenderlles a varrer a aqueles mozos que tiran todo na hora de comer tiran os papeis ó chan tanto aquí como na rúa e non sabemos que farán alá na casa súa e se queren vivir coma os porcos que falen con aznarín para que os mande ós poucos a rebozarse no fuelín que nós queremos limpar primeiro os nosos corredores para que cando traiamos visitas non nos suban as colores estribillo pasamos ó bacharelato onde vos hai moitas pijiñas non sabemos se non terán moito frío nas barrighiñas o pantalón que lles cae a camiseta non chega e os rapaces do lado poñen o ollo na tea eles tamén vos son bos que non teñen máis cachola que mirar para elas todas que mirar a todas horas claro que os e as de 4º tampouco quedan atrás que pintan tódolos pelos por diante e por detrás estribillo e se a miña vasoira varrese todo o que hai que varrer collíalles ós da ot e facíallos comer e xa vai sendo horiña de poñerse a estudiar para que logo non veñan os papás a protestar estribillo e pasando a outra cousa temos que falar do fuel ¿ou é que lle temos medo ó que diga don manuel pois coa nosa vasoiriña tamén limparemos praias aínda que como é de xestas nos queda a area a raias se a vasoira resistise habíamos de xuntar chapapote para levarllo a madrid a xunto do do bigote claro que se non está podémosllo deixar tamén Ó noso veciño rajoy co que se leva moi ben estribillo e se imos a madrid e suspendémo-las clases os que non veñan connosco que non queden nas súas casas que collan a vasoiriña e lles veñan ensinar Ós nosos alumniños que aínda queren traballar se a vasoiriña nós a temos e non podemos varrer mandamos pilar ós demos e nós vimos só correr a pilar a do castillo que nos quere amolar con reválida cativa pensa que nos fai calar estribillo nº 9 ies félix muriel de rianxo 9 ana cos
[close]
p. 12
paratodos actividades exposicións o departamento de nornalización lingüística organizou varias exposicións este ano protestÁmoslle Á warner este nadal o alumnado de 2º de bach do ies pedímoslle aos da warner que nos versionaran en galego de harry potter e a cámara dos segredos tal e como o fixeran noutras linguas como o catalán mais a súa negativa resultounos ofensiva xa que os seus directivos non se basearon en ningún estudio de mercado senón nos prexuízos cara galiza e a nosa cultura para colaborar nesta petición as alumnas e os alumnos de segundo de bacharelato mandamos cartas á warner para que lles quedase claro que galiza ten unha lingua propia que estamos fartos de discriminacións e que non imos parar ata que se nos respecte a nosa identidade en base a isto miñas rapazas e rapaces vós sodes quen tedes o poder os que tedes que merca-los libros en galego quen ten que loitar polos vosos dereitos como galegos adriana a berberecha 2 castelao solicitoulle á fundación castelao a exposición castelao e o mar sobre o autor rianxeiro máis popular que puidemos ver no salón de actos desde o día 28 de abril ata o 9 de maio constaba de moitos dos seus debuxos con pé de obras diferentes cousas da vida cincuenta homes par dez reás así como de textos de cousas unha das súas obras narrativas máis coñecidas 3 fotografía de fernando de juan a continuación da anterior expúxose unha mostra fotográfica co título de terra e mar de fernando s de juan fotos da matanza do porco da pesca de barcos con vela na ría de cañeiros facendo augardente ilustraron as nosas paredes durante o mes de maio 4 irimia ternos pendente para o mes de xuño unha exposición sobre a asociación lrimia con revistas libros que teñen editados medallóns e información variada sobre as súas actividades c os nº 9 10 alumnado de 2 b ó lado do taboleiro de avilés ies félix muriel de rianxo 1 avilés de taramancos durante todo o curso estivo exposto un taboleiro en cada un dos locais do ies con información sobre o homenaxeado o día das letras galegas deste ano antón avilés de taramancos o autor noiés foise presentando diante do alumnado ós poucos para que a súa figura xa fora familiar ó chegar o mes de maio momento en que nos achegaron desde a xunta uns paneis sobre o autor que se colgaron tamén na entrada do centro e acompañaron e completaron a información do noso taboleiro moito máis modesto por falta de medios pero que recolleu toda a información relevante cada 15 días o grupo da optativa de literatura galega do século xx 2° bach b elaboraba os textos e cambiaba os taboleiros este mesmo grupo de alumnos fixo un tríptico que se repartiu no véspera do día das letras por se quedaba alguén despistado que non soubera nada sobre o autor tamén tiña como obxectivo que os rapaces o levaran ás súas casas e tamén lle chegara a información ás familias n ese folleto contaron unha experiencia interesante que lles ocorreu en relación ó autor ¿lestelo ana
[close]
p. 13
actividades paratodos semana das letras este ano para conmemoralas letras galegas organizáronse actividades durante toda a semana en vez de concentralas só nun día primeiro porque isto foi o que recomendaron desde a consellería de educación pero por outra banda tamén para da-la oportunidade de vivir con máis calma e máis atentamente a celebración tódalas actividades o día 16 supoñía limita-lo seu número e superpoñelas xa que a partir das 12 hai o tradicional partido da final de fútbol e non é que a cultura estea enfrontada co deporte pero os rapaces que xogan e mailos seus siareiros non poderían estar vendo ó mesmo tempo o partido mais unha obra de teatro por máis interese que tivesen cada día da semana organizouse unha ou dúas actividades que resumimos a continuación luns falaron para o alumnado de bacharelato o presidente e mailo fundador da asociación irimia ós que este ano se lles deu o premio leixaprén polo seu compromiso desde hai máis de vinte anos coa lingua galega rubén rivas presidente de irimia falou da situación do galego no ámbito da igrexa e o sempre entrañable xosé chao rego pepe chao o seu impulsor contou como nacera a asociación e a revista que leva o mesmo nomeabaixo achegamos unha reseña biográfica de pepe chao ademais deron conta doutras actividades que organizan relatos que o homenaxeado publicara no libro nova crónica das indias recitou algún poema de cantos caucanos todo acompañado de música e improvisacións humorísticas aquí os afortunados eran de 4º da eso xoves o grupo de teatro do ies dirixido por antón vilariño fixo dous pases para 1º e 2º da eso da súa obra pedro esparramado comedia adaptada polo director antón vilariño da obra de xan das canizas o sejuro da enfermidade estes mozos déronnos unha lección de como se fai teatro venres rematámo-la semana cunha magnífica conferencia de gonzalo navaza profesor na universidade de vigo poeta narrador traductor e especialista en onomástica foi desto último do que nos veu falar dos nomes propios tanto do significado dos topónimos de rianxo como dos apelidos dos alí presentes 4º da eso 3º e 1º d e tódolos membros do equipo de normalización lingüística animounos ademais a seguir co noso traballo sobre a toponimia de rianxo nº 9 ies félix muriel de rianxo martes deleitou primeiro ó alumnado de 2º da eso e logo ó de 3º a contacontos paula carballeira adaptou contos tradicionais e outros novos escenificou fixo participar ós asistentes deulle un impulso á literatura oral e aplaudírona moito mÉrcores foi o día máis completo Ás 9 da mañá vén cediño chegou pilar sampedro para falar de avilés de taramancos ó alumnado de bacharelato esta mestra que foi boa amiga de avilés que coma el estivo en colombia e que é coautora de dous libros sobre o escritor explicoulles desde a súa experiencia cómo a avilés entendía a literatura e cómo desenvolveu a súa obra Ás 11:30 veu o actor avelino gonzález presenta-lo seu espectáculo sobre avilés que estivo representando por toda galicia e nesta semana en tódolos centros do corte inglés contou os 11 ana cos
[close]
p. 14
paratodos excursións diario da excursiÓn À mÉrida anónimo Ás 8:00 da mañá do domingo 6 de abril do ano en curso emprendín en calidade de observador unha curiosa misión cun grupo de alumnos/as do ies félix muriel de rianxo o meu cometido era simplemente o de recoller nun diario as miñas impresións sobre todo o que ía 16:00 esperamos o autocar ¡que curioso chega tarde subimos e seguimos ruta cara ó noso destino 19:00 sen novidade non sendo algúns ¿profe falta moito estamos chegando a plasencia pequeno rodeo debido a un problemiña de orientación do conductor e por que non dicilo á dubidosa lectura que os profes facían do mapa lixeiramente anticuado de estradas despois dalgún improperio por parte do chofer miradas estrañas entre a xente sorrisos pícaros chamada de teléfono ó cámping para pedir auxilio por fin chegamos o cámping de monfragüe é un luxo catro persoas por bungalow en teoría reparto rápido do alumnado e instalación baixo a mirada atónita e amedrentada dos escasos inquilinos do cámping que deron por finalizada a súa estancia ó día seguinte da nosa chegada todo perfecto ata que ¡maldición ou bendición segundo ó lado no que se estea unha tenda de víveres e outras substancias primeira reunión e asentamento de normas acordo tácito entre alumnado e profes nota o paso dos días demostraría que algunha das partes non acabou de entende-lo acordo ou quixo deliberadamente infrinxilo conclusión os profes non se saben explicar suxestión cursiños de expresión oral 22:00 a primeira cea dúas mesas acontecendo ó longo de 6 días 6-11 de abril o que segue é un resumo moi resumido dese diario quero apuntar antes de comezar que non farei ningunha referencia ós nomes de pila dos protagonistas desta historia por respecto á súa privacidade dicir simplemente que mentres cada un dos suxeitos tiña un nome propio ou algo que se lle parecía tres eran coñecidos baixo o mesmo apelativo impersoal de profe aínda non sei cal é a razón pero seguirei investigando 7:45 un montón de coches ían chegando ó longas dispostas nunha sala que só ocupabamos nós empezamos a cear e primeiros síntomas de morriña ¿esto que é ¡non me gusta ¡que noxo ¡que hai de segundo ¡eu xa comín ¡non teño lugar de encontro e descargando rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos cada un cunha bolsa de viaxe ata un total de 36 8:05 por fin chega o autocar e mentres fame conclusión coma na casa non se come en ningures observei que todos soben tres persoas contan e recontan ó alumnado que vai tomando asento pronto souben que se trataba dos tres profes total 40 36 3 o chofer arrancamos 10:00 sen novidade salvo os primeiros ¿falta moito profe ¿cando curiosamente o grupo pasa o día comendo cousas indeterminadas con estrañas cores metidas en bolsas que fan moito ruído pero chegado o momento da comida ninguén ten demasiado empeño en alimentarse sinala-lo comportamento de dous elementos o primeiro coleccionaba o segundo prato de todos aqueles que non o querían e sempre seguía a comer cando o resto rematabamos o número dous facía o propio pero só cos postres 22:30 aparición de dous personaxes que nos acompañarían a todas chegamos ¿onde estamos 11:00 primeira parada antes de abandonar galicia e primeira incidencia alguén esqueceu unha mochila 13:30 chegada a salamanca magnífica cidade posuidora da universidade máis antiga de españa e unha das 4 máis antigas de europa alí está na rúa libertos o seu edificio s xv xuntanza de todos na praza maior pódese respirar o barroco sen dúbida unha das máis fermosas do mundo cos seus 88 arcos de medio punto rápido percorrido casa das conchas torre de clavero catedral vella s xiii e catedral nova s xv-xviii ¡que fermosura convento de san esteban igrexa de san martín en medio de tanta cultura e historia algúns dos suxeitos integrantes da excursión só querían topar un sitio onde apoia-las pousadeiras ¿terán problemas coa gravidade c os partes chamados animadores e que tamén exercerían de guías zafarrancho separa-las mesas e as cadeiras e comezo das actividades presentación e elaboración dunha paella nunca unha paella dera tanta vergonza a algúns máis cá outros segundo o ingrediente actividades variadas 24:00 fin das actividades e retirada notas persoais os adolescentes rianxeiros teñen curiosos costumes podendo ter espacio nos seus bungalows prefiren estar amoreados nun mesmo lugar e compartir un colchón entre catro ademais a partir das doce da noite teñen unha actividade frenética conclusión tratase dunha especie gregaria e nocturna pregunta ¿por que os distribúen en grupos de catro e nº 9 12 unha hora para comer os indecisos só tivemos 20 minutos e volta ó autocar a paso acelerado ies félix muriel de rianxo día 6 viaxe de ida salamanca mérida ana
[close]
p. 15
organizan actividades diúrnas resposta os profes son doutra especie e non amosan ningún respecto polos hábitos da maioría ¿represores ou dictadores pendente de resolución excursións día 8 parque natural de monfragüe 9:30-10:00almorzo hoxe case todos apareceron cunha cor indefinida debaixo dos ollos entre gris e morada ¿será indicativo de paratodos día 7 teatro en mérida e visita de plasencia 8:00 todos almorzando algo todos listos para saír para o parque natural de monfragüe guías e chofer incluídos hoxe toca camiñar e entrar en contacto coa flora e fauna subimos ó autocar e todos quedan durmidos debe ser polo movemento menos os profes aínda que algún cae os animadores frescos coma leitugas e o chofer ¡gracias a deus primeiros problemas para manter os ollos abertos e atinar a verte-lo café na cunca 8:10 todos aseados almorzados e diante do autocar para saír cara á monfragüe grandioso 17.852 ha bordeadas polo río tello empezamos a camiñar e a gozar da vexetación propia do parque érbedos peonias sobreiras aciñeira freixos e por suposto xara primeiros ¿falta moito ¿canto temos que camiñar mentres os guías insistían en que contemplaramos a paisaxe máis que digna de ser admirada algúns tiñan serias dificultades para levanta-los ollos do chan as escollas sempre son complicadas ou gozar desa marabillosa flora ou mante-lo meu corpo en posición vertical e non levanta-la vista do camiño cada un fixo o que puido 13:30 villa real de san carlos un lugar no medio do parque no que mérida onde había que estar ás 10:00 para asistir a inauguración do festival xuvenil europeo de teatro grecolatino no teatro romano 8:15 8:20 8:25 o chofer non aparece e vai un frío que pela o chofer segue sen aparecer e segue indo un frío que pela o chofer aínda non apareceu primeiros síntomas de conxelación os profes botan fume e toman as rendas da situación saen na procura do chofer que quedara durmido saímos para mérida a unha velocidade dereito na caluga e un lixeiro olor a chamusco subindo das gradas o escenario é impoñente ¡que luxo 13:00 remata o espectáculo unha felicitación para os rianxeiros que lle deron a tódolos asistentes unha mostra de saber estar ¿educación interese ou letargo de todo habería rápido saímos do recinto de présa imos comer e axiña saímos para plasencia 17:00 chegada a plasencia fermosa vila coas súas muralla do s xiii o seu acueducto do que se conservan 55 arcos a porta do sol as dúas catedrais a vella que é románica e a nova cunha arquitectura renacentista e que dicir da xudería en franco deterioro na que entre 1189 e 1492 chegaron a vivir ata 200 familias 900-1000 persoas tempo de lecer para dar unha volta polas súas rúas escaparates repletos de exquisitos manxares ibéricos ¿a que hora se cea 20:30 volta para o cámping cea e actividades nesta ocasión algúns dos asistentes movíanse de forma espasmódica de dous en dous supoño que para non caer disque bailando retirada as doce e inicio da actividade frenética nº 9 ies félix muriel de rianxo importante 10:00 chegada a mérida novos improperios do chofer ó ter que decidimos comer os nosos bocadillos as augas quedaran no autocar alí ben estaban momento de descanso e de pracer sol natureza e un pequeno lugar no que comprar xeados ¿que máis se pode desexar rematado o xantar e o período de levedación post-comida reemprendemos a nosa aventura cun par de visitas centro de visitante de villareal onde nos proxectaron un vídeo sobre o parque e centro de interpretación e exposición onde algúns aprendemos algo máis sobre o parque 17:00 subimos ó autocar que nos levou ata un punto determinado e aí da-la volta porque nos perdemos un pouco baixamos do autocar paso rápido ata o teatro chegada e entrada acompañados por milleiros de adolescentes con curiosos acentos rápido atopamos o noso sitio sentamos e agardamos seguimos agardando e sae o sol empeza o espectáculo volvamos a troia e as nubes de aristófanes 12:30 todos sentados calados respectuosos cun sol de xustiza empezou a nosa iniciación no terreo da ornitoloxía os nosos guías ían armados con lentes telescópicas e prismáticos e a pesar dos continuos ¡non podo máis puidemos ver voitres azores aguias miñatos cegoñas brancas e negras e outras aves ¡alucinante tamén soubemos que só queda un lince ibérico ¡sen comentarios 21:00 regreso o cámping cea algúns decidiron cear nos bungalows spaghettis e salchichas parece ser que estaba bo eu non o sei a min ninguén me invitou actividades e retirada festa jolgorrio e carreiras polo cámping nota os adolescentes teñen unha batería de carga diúrna e descarga nocturna 13 ana cos
[close]