TORNEO SEMANA SANTA DE PORTONOVO

 

Embed or link this publication

Description

INVITACIÓN AL TORNEO DIRIGIDA AL CLUB-PRESIDENTE Y ENTRENADORES DEL U.D. RIBERA.

Popular Pages


p. 1

estimado presidente pola presente quero invitarte a participar no iv torneo de fútbol 7 portonovo s d para as categorías benxamin e prebenxamin a competición terá lugar o longo dun día en horario de mañá e tarde benxamins data xoves 21 de abril de 2011 lugar campo de baltar portonovo prebenxamins data venres 22 de abril de 2011 lugar campo de baltar portonovo inscripciÓn a cota de inscripción será de 20 por clube a ingresar na conta de caixanova nº 2080 0455 02 0040109069 a inscrición será efectiva cando se remita vía fax 986724424 ou por correo electrónico portonovosd@portonovosd.com axuntando copia do ingreso bancario e os seguintes datos do club nome do club persoa de contacto teléfono de contacto fax e correo electrónico o número de equipos participantes será de 24 por categoría por rigoroso orde de inscrición esperando contar coa vosa participación Óscar manuel garcía freijo presidente

[close]

p. 2

iv torneo de futbol 7 portonovo s d benxamin e prebenxamin normas básicas · cada clube participante terá que enviar por fax 986724424 ou e-mail portonovosd@portonovosd.com a relación de xogadores como último día o luns día 18 de abril de 2011 ás 19:00 horas o día do torneo os delegados dos equipos deberán presentarse na zona de información como mínimo 30 minutos antes do seu primeiro encontro cos documentos acreditativos dos xogadores licencia federativa debidamente actualizada e ordenados polo número do listado non se aceptarán fotocopias permítese un máximo de 15 xogadores por equipo os xogadores terán asignado un número que será fixo durante todo o torneo unha vez comece o torneo non se poderá modificar o listado de xogadores os equipos só poderán quecer nas zonas habilitadas os equipos deben estar na zona de xogo 5 minutos antes do comezo de cada encontro no caso dun retraso de máis de 5 minutos sobre a hora de comezo do encontro este darase por perdido o equipo infractor por 3 goles a 0 durante os encontros só poderán estar no banco as persoas acreditadas no listado de xogadores e técnicos os xogadores suplentes permanecerán sentados no banco o equipo que non asista á entrega de premios perderá o dereito a recibir os agasallos para os nenos/as e o trofeo que lle corresponda · · · · · ·

[close]

p. 3

iv torneo de futbol 7 portonovo s d benxamin e prebenxamin regulamento · o torneo disputarase na modalidade de fútbol 7 de acordo co regulamento de xogo para fútbol 7 da federación galega de fútbol coas excepcións que se sinalan no presente regulamento no torneo poderán participar nenos/as nacidos no ano 2001 2002 ou posteriores para o torneo benxamin e nenos/as nacidos no ano 2003 2004 ou posteriores para o torneo prebenxamin o torneo xogarase no campo de baltar herba natural ao longo dos días 21 e 22 de abril en horario de mañá e tarde o calzado a utilizar será o indicado para este tipo de superficie a duración dos encontros será de 25 minutos sen descanso nin troco de campo no caso de empate a puntos ao final da primeira fase terase en conta ü dobre empate 1º resultado entre ambos 2º diferencia golaverage xeral 3º o que máis goles o seu favor conseguira 4º o que menos goles en contra recibira 5º si persiste o empate decidirá o equipo que teña a media de idade máis nova ü triple empate 1º maior número de puntos conseguidos nos enfrontamentos entre os 3 equipos empatados 2º 3º,4º,5º igual que no dobre empate a segunda fase xogarase a modo de eliminatorias a un só partido pasarán á segunda fase os 2 dous primeiros de cada grupo no caso de empate resolverase cunha quenda de 3 penaltis que se lanzarán de forma alternativa si persiste o empate seguirán lanzando penaltis ata desfacer o empate un xogador non pode volver a lanzar un penalti ata que non teñan tirado tódolos seus compañeiros haberá premios para o primeiro e segundo así como para o máximo goleador e para o mellor xogador dos equipos clasificados para a segunda fase no caso de coincidencia na uniformidade dos equipos contendentes e salvo mutuo acordo verase obrigado a trocar de equipaxe o que figure no calendario como visitante · · · · · · ·

[close]

p. 4

· a participación no torneo implica a aceptación deste regulamento e o clube participante comprométese a cumprir as normas establecidas no mesmo responsabilizándose de tódalas lesións accidentes ou actuacións nas que participen xogadores técnicos delegados e persoal acreditado polo clube no caso dalgunha incidencia non reflexada neste regulamento a organización resérvase o dereito a tomar as decisións que considere oportunas para o bo funcionamento do torneo ·

[close]

Comments

no comments yet

YOUBLISHER
About
What Others Say
Sitemap
Impressum

PUBLISHERS
Login
Signup
Tutorials
FAQ
Support

BUSINESS
Overview
Advertising
Support

DEVELOPERS
API

LEGAL
Report a Copyright Violation
Copyright FAQ
Terms of Use
Privacy Policy