Guia informativa 18 - 19

 

Embed or link this publication

Description

Guía Informativa do Colexio da Asunción

Popular Pages


p. 1



[close]

p. 2

“O amor verdadeiro busca o que é bo e valioso para o ben dos demais” Santa Mª Eugenia de Jesús Fundadora das Relixiosas da Asunción (1817-1898)

[close]

p. 3

GUÍA INFORMATIVA CURSO 2018/2019 Esta guía informativa quere facer chegar a toda a comunidade educativa os aspectos máis salientables da organización do centro. Desexamos que a teñades á man ao longo do ano escolar, para coñecer os nosos principios educativos, saber a quen dirixirnos en cada intre e colaborar na boa marcha do centro.

[close]

p. 4

O Colexio concertado “A Asunción” de Sarria é un servizo educativo promovido polas Relixiosas da Asunción que abrangue as etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. A nosa razón de ser e de existir é educar aos alumnos/as de forma integral, de acordo co Ideario da Asunción, impartindo un ensino de calidade para que cheguen a ser persoas libres, responsables e comprometidas na transformación da sociedade segundo os valores do Evanxeo. Os obxectivos educativos do curso son: 1. Axudar aos alumnos no descubrimento de diferentes perspectivas e realidades do mundo, tanto a través de medios tecnolóxicos como de relacións interpersoais, para elixir con liberdade a forma de darlle a volta a todo o que non funciona, partindo dun compromiso persoal e coa súa contorna mais próxima. 2. Promover a cultura da paz, da xustiza e o respecto, na integración doutras culturas e ante realidades novas, partindo da realidade de cada un. 3. Ensinar aos alumnos a tomar conciencia da importancia de coidar da natureza para que as xeracións vindeiras poidan desfrutar e vivir a súa riqueza. 4. Acompañar ao grupo para que medren na Fe, desenvolvendo nos nosos alumnos actitudes que axuden a darlle a volta ao seu mundo e ao dos demais, guiados por Xesús, e descubrindo novas vivencias cristiás.

[close]

p. 5

A nosa forma de actuar baséase na atención a cada alumno/a e as súas familias, primeiros responsables na formación, dende unha comunidade que vive unida e ilusionada en constante renovación:  Empregando métodos pedagóxicos axeitados.  Poñendo ao servizo da educación os avances tecnolóxicos que a sociedade nos ofrece.  Potenciando a formación continua de todas as persoas que integran a Comunidade Educativa, propiciando un nivel de esixencia e seguimento.  Planificando, coordinando e avaliando o traballo e todas as actividades do centro.  Demostrando coherencia nas decisións e actuacións.  Alentando a participación dos pais na vida do centro a través de: ANPA, Consello Escolar, Escola de Pais, Festas, Celebracións.  Completando a actividade escolar coa oferta de actividades extraescolares, de solidariedade, reflexión cristiá, ocio e tempo libre,...  Favorecendo o traballo en equipo, no que cada un se faga responsable na consecución dun Proxecto Común.  Impulsando a mellora continua a través do noso sistema de xestión da calidade.

[close]

p. 6

ORGANIGRAMA

[close]

p. 7

EQUIPO DIRECTIVO  Director Pedagóxico: Marcos Regueiro Sánchez  Superiora R.R. Asunción: Pilar Díez Corral  Xefa de Estudos: Irene Iglesia Fernández  Coordinadora de Pastoral: Andrea López López  Coordinadora EI e EP: Mª Teresa Quintana Fernández  Administradora: Mª Josefa Cadahía Ruiz

[close]

p. 8

CONSELLO ESCOLAR  Presidente: Marcos Regueiro Sánchez  Representantes da Titular: Pilar Díez Corral Mª Áurea Páramo Vázquez Luis Miguel López Rodríguez  Representantes de Pais: Marcos Balboa Rodríguez Ana María Díaz González Mª del Carmen Macías Carballeda María del Carmen López López  Representantes dos Profesores: Mª Teresa Quintana Fernández Mª Dolores Pradeda Aldariz Clara López Valiña Begoña Saavedra Landín  Representantes de Alumnos: Jorge Loureiro Vázquez  Representante do Persoal de Administración e Servizos: Mª Josefa Cadahía Ruiz

[close]

p. 9

ASOCIACIÓN DE NAIS/PAIS DE ALUMNAS/OS O obxectivo fundamental da Asociación de Pais / Nais de alumnos/as é promover o acercamento das familias ao Colexio, colaborando con toda a Comunidade Educativa na formación integral dos alumnos/as.  Presidenta: Mª Jesús Arias López  Vicepresidenta: Edita Rodríguez López  Tesoureira: Silvia Rey Ortiz  Secretaria: Mª del Carmen Macías Carballeda  Vogais:  Paz González Pombo  Sonia Pérez Arias  Isabel Torres López  Juan Martínez Parga  Patricia Herrero López  Tania Cernuda Albín

[close]

p. 10

PASTORAL DE CENTRO EQUIPO DE PASTORAL:  Coordinadora: - Andrea López López  Educación Infantil: - Yolanda Cobas Fernández  Educación Primaria: - Tania Sánchez Castro - Sara García López - Clara López Valiña - Dolores Pradeda Aldariz  E. Secundaria Obrigatoria: - Irene Iglesia Fernández - Marcos Regueiro Sánchez - Martín Álvarez Filloy OBXECTIVO XERAL: Que os alumnos sexan capaces de darlle a volta ao seu mundo interior e que sexan o motor do cambio do mundo que os rodea. Fomentar o compromiso partindo do entorno próximo, no que día a día transformemos o noso mundo cunha mente aberta cara as distintas culturas, poñendo en práctica os valores da Asunción. PROGRAMACIÓN:  Xornada de acollida. Primeiro día de clase. Ambientación LEMA.  Oración da mañá nas aulas antes de comezar a primeira clase.  Celebracións: Eucaristía de comezo de curso, da Penitencia, tempos litúrxicos……  Estudo e reflexión das grandes campañas: Domund, Nadal, Fame.  Profundización dos tempos fortes: Preparación ao Advento – Nadal, preparación á Pascua (Coresma), Pentecostés.  En E.Infantil, celebración específica das Candeas.  Celebración da Festa de Santa Mª Eugenia.  Mes de María.  Convivencia cos alumnos de 1º e 2º de E. Primaria co Colexio da Asunción de Ponferrada..

[close]

p. 11

CLAUSTRO DE PROFESORES EDUCACIÓN INFANTIL CURSO TITOR/A TITORÍAS 3 anos Yolanda Cobas Fernández Mércores ás 17:00 4 anos Andrea Fernández Doncel Xoves ás 17:00 5 anos Begoña Saavedra Landín PROFESORES NON TITORES Mércores ás 16:00 MATERIAS Begoña Saavedra Landín Inglés Andrea López López Mónica Fernández Rodríguez Apoio Psicomotricidade plurilingüe CURSO 1º 2º 3º 4º 5º 6º EDUCACIÓN PRIMARIA TITOR/A TITORÍAS Tania Sánchez Castro Martes ás 17:00 Andrea López López Mércores ás 17:00 Rocío González González Xoves ás 17:00 Sara García López Martes ás 17:00 Clara López Valiña Mércores ás 17:00 Ruth Valcárcel Martínez Venres ás 17:00 PROFESORES NON TITORES MATERIAS Teresa Quintana Fernández Mónica Fernández Rodríguez Berta Delia Urbay Glez.-Mugica Plástica 4º Lingua Castelá 4º Inglés 4º Plástica 5º Inglés 5º Plástica 6º Lingua Castelá 6º Educación Física EP Matemáticas 3º Ciencias da Natureza 3º Música E. Primaria Mª Dolores Pradeda Aldariz Pedagoxía Terapéutica

[close]

p. 12

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA CURSO TITOR/A TITORÍAS 1º Irene Iglesia Fernández 2º Rosa Mª López Núñez 3º Martín Álvarez Filloy 4º Luis Miguel López Rodríguez PROFESORES NON TITORES Mª Áurea Páramo Vázquez Marcos Regueiro Sánchez Mª José González García Luis Mario Núñez Álvarez Ruth Valcárcel Martínez Mónica Vázquez López Berta Delia Urbay Glez.- Mugica Mª Elena Iglesias González Xoves ás 17:00 Mércores ás 17:00 Xoves ás 17:00 Venres ás 17:00 MATERIAS Francés 1º, Francés 2º Xeografía e Historia ESO Relixión ESO E Plástica V.A. 1º e 3º ESO Tecnoloxía 4º ESO Educación Física ESO L. Castelá 1º ESO Tecnoloxía 2º e 3º ESO Física 2º ESO Matemáticas Apl 4º ESO Música 2º e 3º ESO Filosofía 4º ESO Orientación As visitas cos TITORES débense concertar sempre, ben polos mesmos alumnos/as, ben avisando por teléfono. Os profesores non titores estarán a disposición, previa petición da entrevista.

[close]

p. 13

NORMAS DE CONVIVENCIA As normas de convivencia do Centro definen as características das condutas que deben promoverse para acadar: a) O crecemento integral da persoa. b) Os fins educativos do Centro. c) O desenvolvemento da Comunidade Educativa. d) Un bo ambiente educativo e de relación no Centro. e) O respecto aos dereitos de todas as persoas que participan na acción educativa. Son NORMAS DE CONVIVENCIA do Colexio  O respecto á integridade física e moral; en particular, á situación de acoso escolar e aos bens das persoas que forman a comunidade educativa.  Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos membros da Comunidade Educativa.  A corrección no trato social, en especial, mediante o emprego dunha linguaxe correcta e educada.  O interese por desenvolver o propio traballo e funcións, con respecto e responsabilidade.  O respecto polo traballo e función de todos os membros da Comunidade Educativa.  O coidado no aseo e a imaxe persoal e o cumprimento das normas do Centro sobre este aspecto.  A actitude positiva ante os avisos e correccións.  A axeitada utilización do edificio, mobiliario, instalacións e material do Centro segundo o seu destino e normas de funcionamento, así como o respecto á reserva de acceso a determinadas zonas do Centro.  Asistir a clase con todo o necesario e con puntualidade.  Non fumar dentro do recinto escolar (Lei 42/2010, de 30 de decembro, BOE. 31 de decembro de 2010).  Non estará permitido o uso de medios audiovisuais (teléfono móbil, cámara dixital,…) no recinto escolar, sempre e cando non estean supervisados por un profesor do centro.  En Xeral, o cumprimento dos deberes que se sinalan na lexislación vixente e no Regulamento de Réxime Interior aos membros da Comunidade Educativa e de cada un dos seus estamentos.

[close]

p. 14

TIPIFICACIÓN DE CONDUTAS CONDUTAS GRAVEMENTE CONVIVENCIA PERXUDICIAIS PARA A a) As agresións físicas ou psíquicas, as inxurias e as ofensas graves, as ameazas e as coaccións contra os demais membros da comunidade educativa. b) Os actos de discriminación grave contra membros da comunidade educativa por razón de nacemento, raza, sexo, orientación sexual, capacidade económica, nivel social, conviccións políticas, morais ou relixiosas, discapacidades físicas, sensoriais ou psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. c) Os actos individuais ou colectivos de desafío á autoridade do profesorado e ao persoal de administración e de servizos que constitúan unha indisciplina grave. d) A gravación, a manipulación e a difusión por calquera medio de imaxes ou información que atenten contra o dereito á honra, a dignidade da persoa, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos demais membros da Comunidade Educativa. e) As actuacións que constitúan acoso escolar. f) A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación, alteración ou substracción de documentos académicos. g) Os danos graves causados de forma intencionada ou por neglixencia grave ás instalacións do centro, incluídos os equipos informáticos e o “software”, ou aos bens doutros membros da Comunidade Educativa ou de terceiros, así como a substracción. h) Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro, incluídas as de carácter complementario e extraescolar. i) As actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da Comunidade Educativa do centro, ou a incitación a elas. j) Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para á saúde ou a integridade persoal de calquera membro da Comunidade Educativa. k) A reiteración, nun mesmo curso escolar, de condutas leves contrarias á convivencia. l) O incumprimento das sancións impostas.

[close]

p. 15

CONDUTAS LEVES CONTRARIAS Á CONVIVENCIA a) As condutas tipificadas como agresión, inxuria ou ofensa na alínea a), os actos de discriminación da alínea b), os actos de indisciplina da alínea c), os danos da alínea g), os actos inxustificados da alínea h) e as actuacións prexudiciais descritas na alínea i) do punto anterior que non alcancen a gravidade requirida no devandito precepto. b) Portar calquera obxecto, substancia ou produto expresamente prohibido polas normas do centro perigoso para a saúde ou a integridade persoal do alumnado ou dos demais membros da Comunidade Educativa ou que perturbe o normal desenvolvemento das actividades docentes, complementarias ou extraescolares, cando non constitúa conduta gravemente prexudicial para a convivencia de acordo coa alínea j) do apartado anterior. c) A inasistencia inxustificada a clase e as faltas reiteradas de puntualidade. d) A reiterada asistencia ao centro sen o material e equipamento preciso para participar activamente no desenvolvemento das clases. e) As demais condutas que se tipifiquen como tales nas normas de convivencia do centro docente. MEDIDAS CORRECTORAS o Oír ás partes e diálogo directo profesor-alumno/a no momento da falta, axudándoo a tomar conciencia do feito. o Analizar e tipificar a falta. o Imposición de sanción por quen competa: profesor, titor, xefe de estudos, director, Consello Escolar. o Aviso escrito aos pais sobre a conduta do alumno/a. o Adoptar as medidas necesarias e facer un seguimento desas medidas. o Aplicaranse as correccións necesarias de acordo co establecido no Decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar e no Regulamento de Réxime Interior presentado ao Consello Escolar o 17 de setembro de 2015.

[close]

Comments

no comments yet