Aventura na terra das Pontes

 

Embed or link this publication

Description

Conto viaxeiro do Concello das Pontes 2014

Popular Pages


p. 1



[close]

p. 2

Grazas a Chasqui e Casti salvouse a cor do mundo.

[close]

p. 3



[close]

p. 4

Para llelo agradecer, a xente das Pontes organizou unha gran festa e houbo un partido do Barcelona contra o Madrid, incluso viñeron os personaxes máis famosos da contorna como David, un neno de oito anos que fichou polo Dépor.

[close]

p. 5



[close]

p. 6



[close]

p. 7

Aquel día todo o mundo parecía terriblemente feliz, menos Dani, porque Dani estaba na festa, pero el non era das Pontes e quería volver á súa casa, o planeta Laranxa.

[close]

p. 8



[close]

p. 9

Como Dani soubera do valor e astucia de Chasqui e Casti, decidiu acudir á festa para lles pedir axuda. Primeiro contoulles que se perdera na Terra porque un día estaba dando unha volta no seu dragón polo universo e sen querer caeu del e foi dar á Terra. E logo explicoulles que para volver ao seu planeta debería recoller a coroa do rei das Pontes xunto coas xoias do núcleo da Terra e xuntalas nun caldeiro máxico para fundilas e chamar ao seu dragón.

[close]

p. 10



[close]

p. 11

Cando Chasqui lle contou isto ao rei das Pontes, el dixo: —Non hai problema, tomade unha coroa. Eu teño dúas! Pero, como conseguirían as xoias do núcleo da Terra? A entrada secreta estaba baixo o lago das Pontes, e a serea do lago só deixaba pasar a quen fose capaz de vencela nunha regueifa… Camiñaron ata o lago e, cando chegaron a pé da serea, ela comezou a regueifar: Onde vas neno bonito? neste lago mando eu imos ver que tan ben cantas Queres ser amigo meu? E Dani, sen apenas dubidar, contestou: Son un neno doutro mundo e ti tes que me axudar déixame pasar a porta e no meu mundo acabar.

[close]

p. 12



[close]

p. 13

Cando rematou, a serea díxolle: —Es un grande regueifeiro, Dani. Vouvos levar á entrada secreta, pero debedes ter coidado porque hai un trasno que cospe lume vermello e azul.

[close]

p. 14



[close]

p. 15

Tras agradecerlle á serea do lago que os deixase pasar e os avisase dos perigos, Chasqui, Casti e Dani entraron no túnel cara ao núcleo da Terra e camiñaron días e días sen atopar nada, ata que de súpeto apareceu un cabrito. O cabrito díxolles que podía acompañalos e guialos cara ás xoias do núcleo da Terra, pero en realidade quería roubarlles a coroa. Mais non sabía que Dani tiña poderes, o poder de ler a mente, e por iso descubriu as intencións do trasno.

[close]

Comments

no comments yet